Estudou psicoloxía, un máster de igualdade de xénero e outro máster de comunicacións en Santiago de Compostela.
A ORDE DAS COUSAS
O vídeo trataba sobre unha familia na que a muller e nai, Julia,era maltratada polo seu marido.
No vídeo refléxanse diferentes simbolismos:
- O aspecto físico de Julia, igual que a súa actitude, non cambia ao longo dos anos e polo tanto non medra emocionalmente.
- Tampouco fala, xa que non ten voz nin voto na familia.
- Amósase espida na bañeira como forma de representar o desprotexida que se encontra.
- A porta atópase aberta en todo momento debido a que representa un control físico e emocional.
- Un símbolo moi importante e reiterado durante todo o vídeo é o cinto que simboliza o poder do marido e o cal está buscando desde o principio.
- Outro símbolo importante é un xoguete que ten o seu fillo e que representa a súa infancia, a cal rómpese, xa que esta violencia afecta tamén ao neno.
Este vídeo, amosa a realidade que están vivindo moitas mulleres actualmente de forma inxusta, pero sen mostrar violencia.
Ao final da curtametraxe puidemos falar con Amanda, preguntarlle sobre o que estudou, o que facían na asociación e cuestións relacionadas co vídeo.
A nosa opinión soamente pode ser positiva, xa que o traballo que fai esta muller é unha tarefa moi importante de axuda a moitas mulleres de Lugo; a xente cando escoita falar de temas coma estes non pensa en persoas coñecidas, pero por desgraza, esto ocorre en todas partes e pódelle pasar a calquera.
Moitas grazas pola vosa atención, deixamos debaixo unha foto da charla e unha ligazón para ver o vídeo.